Tadeo Allende marcha cedido ao Inter de Miami
Tadeo Allende marcha cedido ao Inter de Miami
O xogador arxentino chegou en xaneiro do ano pasado pero apenas tivo continuidade no Celta
O dianteiro arxentino do Celta Tadeo Allende (25 anos) xogará cedido no Inter de Miami de Leo Messi e Luis Suárez. Os dous equipos chegaron a un acordo para formalizar a cesión. O xogador sempre viu con bos ollos xogar a carón do seu gran ídolo e o Celta pretendía desde o mes de agosto liberar a ficha e o salario dun xogador que non contaba para Claudio Giráldez.
O Celta pagou por Allende 4'5 millóns de euros a Godoy Cruz para facerse cun dianteiro prometedor e que acreditara bos números na Liga Arxentina. Nos meses que estivo da campaña 23-24 non acabou de ter continuidade e nesta temporada apenas xogou oito minutos en Liga e participou na Copa marcando dous goles no campo do Salamanca.