Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nacho Moyano deixará o Balonmán Cangas despois de seis temporadas

Nacho Moyano deixará o Balonmán Cangas despois de seis temporadas

Chegou en 2019 ao club e sempre acadou o obxectivo de permanecer na Liga Asobal

O principal candidato é o galego Quique Domínguez

G24.gal 14/01/2025 16:54

Nacho Moyano non seguirá no Cangas Frigoríficos do Morrazo na temporada 2025-26. Despois de seis campañas á fronte do único equipo galego que milita na Liga Asobal vese na obriga de poñer un punto e aparte na súa traxectoria profesional. Por motivos persoais ten que marchar de Galicia e buscará novos retos profesionais. 

Moyano chegou a Cangas en 2019 procedente do Ikasa madrileño, unha aposta descoñecida pero que saíu moi ben. Desde o principio conectou coa bancada e durante cinco temporadas conseguiu o obxectivo da permanencia en todas elas -falta por saber o que acontece nesta última-, dúas delas nunha promoción agónica. 

O seu meirande éxito foi meter a entidade nas tres últimas edicións da Final a Oito da Copa do Rei e nunha delas mesmo superou os cuartos de final conseguindo xogar unha semifinal, fito histórico no modesto club do Morrazo. O Frigoríficos terá que buscar un novo inquilino para o seu banco e un dos candidatos que sona con máis forza é o vigués Quique Domínguez. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar