O Cangas esnaquiza os prognósticos cun triunfo sobre o Granollers (38-36)
O Cangas esnaquiza os prognósticos cun triunfo sobre o Granollers (38-36)
O equipo visitante chegou a gañar por cinco goles no primeiro tempo
Thymann, Rubén Río e Fodorean lideraron a ofensiva canguesa que sumou o segundo triunfo seguido
O Cangas Frigoríficos do Morrazo vive un momento doce. Gañou no Gatañal a un dos galos da Liga Asobal, un Granollers que non soubo como deter o ritmo de ataque do Cangas. Esta é a segunda vitoria consecutiva do conxunto galego que se afasta dos postos de perigo para colocarse nunha zona cómoda da clasificación.
O Granollers fixo unha saída moi forte e mediado o primeiro tempo dominaba por cinco goles de diferenza (8-13). Apareceron Mads Thymann e Rubén Río -4 goles case seguidos- para recuperar terreo no marcador e chegar ao descanso metidos no partido (19-20).
No segundo tempo mantívose por diante o Granollers ata que o Cangas encadeou un parcial de 4-0 (26-24) diante dun Gatañal enfervorizado. Xa non soltaría o mando ata o final, con algún empate dos visitantes (28-28) pero sabendo xogar á perfección os minutos decisivos do partido. Ao final os dous puntos quedaron na casa, un triunfo que pon o Cangas noutra realidade clasificatoria.