Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Rácing reacciona en Xixón no momento axeitado (1-3)

O Rácing reacciona en Xixón no momento axeitado (1-3)

Nacho Sánchez, Dorrío e Buñuel marcaron nun primeiro tempo cheo de efectividade do equipo de Cristóbal Parralo

G24.gal 15/12/2024 15:41

Era un momento crítico para o Rácing. Viña de perder por 1-5 diante do Oviedo, de encadear nove xornadas sen gañar e de estaren afundidos en postos de descenso. Pola contra o Spórting quería seguir nos postos de privilexio, en play off e achegarse a só tres puntos do ascenso directo. 

Pero o fútbol é grande por partidos como o do Molinón. Un Rácing que o tiña todo na súa contra acabou gañando por 1-3 grazas á eficacia ofensiva que lle faltou en tantos partidos desta temporada e por un solidario traballo defensivo diante dun equipo que xera moitas ocasións de gol. 

Houbo quince minutos de sufrimento inicial ata que Nacho Sánchez acertou na primeira que tivo o Rácing. A segunda, nas botas de Dorrío, acabou do mesmo xeito e bicando a rede da portería local. 

Olaetxea recurtou diferenzas no 33. Noutros partidos sería un golpe na feble moral racinguista pero, desta volta, o equipo verde aguantou e conseguiu marcar o terceiro antes do descanso nunha gran xogada de Aitor Buñuel. 

No segundo tempo tocou poñer o mono de traballo diante do insistente ataque do Spórting. Asexou o gol o equipo asturiano pero non conseguiu recurtar diferenzas e meterse no encontro. O Rácing conseguiu manexar a situación e levar tres puntos vitais para a permanencia e para curar as feridas acumuladas nas últimas semanas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos