Publicador de contidos
Publicador de contidos

Primeira vitoria do Frigoríficos do Morrazo lonxe do Gatañal

Primeira vitoria do Frigoríficos do Morrazo lonxe do Gatañal

Derrotou o Guadalaxara por 31-37 e afástase dos postos de descenso

G24.gal 07/12/2024 20:39

O Cangas Frigoríficos do Morrazo conseguiu a primeira vitoria como visitante na pista do Guadalaxara (31-37). O equipo galego completou un gran partido e derrotou a un rival directo pola permanencia ao que avantaxa agora en tres puntos. 

Comezou pronto o Frigoríficos a marcar diferenzas (4-10). Reaccionaron os locais que conseguiron poñerse a tres goles (10-13) e ao descanso gañaba o Cangas por catro (12-16). Rubén Río completou o mellor partido da temporada con sete goles, os mesmos que fixo un Omar Sherif impecable no pivote. O papel dos dous xogadores resultou chave para manter a marxe no segundo tempo. O Guadalaxara nunca chegou a baixar dos tres goles de desvantaxe e conforme se achegaba o final o Cangas ía consolidando os seis goles cos que rematou o partido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar