Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Cangas perde co Nava nun final moi polémico no Gatañal (34-35)

O Cangas perde co Nava nun final moi polémico no Gatañal (34-35)

O equipo galego reclamou unha infracción na última xogada, pero os árbitros non sinalaron os 7 metros

Foto: Raúl Fonseca
G24.gal 01/12/2024 12:45

Vitoria con polémica do Nava no Gatañal. Os segovianos dominaron a primeira parte, na que chegaron a ir cinco arriba cun gol de Nevado. Pero o partido mudou á volta dos vestiarios. Aí o encontro entrou nun tira-puxa que se mantivo ata os intres finais. 

Cando quedaba un minuto, Arnau Fernández poñía o partido a un desde o extremo. E no que quedaba o Cangas recuperou e puido empatar, nunha última acción na que buscou o fly, pero os colexiados non lle indicaron a defensa interior, a acción de Isaías Guardiola dentro da área. Era penalti. Por iso os galegos saltaron a protestar á cancha. E por iso o da polémica arbitral. 34-35 paro Nava, que gaña por primeira vez no Gatañal.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos