Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fer López doutórase no escenario que viu nacer a Aspas (0-7)

Fer López doutórase no escenario que viu nacer a Aspas (0-7)

O Celta resolveu a eliminatoria de Copa en Salamanca no primeiro tempo cun 0-3

Na segunda parte chegaron outros catro goles, cunha aparición estelar de Fer López 

G24.gal 03/12/2024 22:06 Última actualización 03/12/2024 22:54

O Celta resolveu a segunda eliminatoria da Copa do Rei pola vía rápida. Gañou no campo do Helmántico por 0-7 nun partido que tiña resolto ao chegar ao descanso. O gol de Swedberg aos cinco minutos deixou o camiño libre para o equipo de Giráldez. 

O Salamanca traballou con ilusión e vontade, pero nada puido facer diante da superioridade do equipo galego, que vestiu coa camisola laranxa (a mesma que empregou na estrea de Iago Aspas no primeiro equipo neste mesmo escenario). Un claro penalti sobre Alfon transformouno Hugo Sotelo no segundo gol.

E xusto antes do descanso, Alfon e Pablo Durán asociáronse para marcar o terceiro e dar total tranquilidade para a segunda parte. 

Non apertou o acelerador o equipo vigués no segundo tempo, pero os goles acabaron chegando por inercia. Entraron xogadores como Yoel Lago e Fer López, e os que marcaron foron Tadeo Allende de Carlos Domínguez. 

Quedaba o momento de Fer López, que xogou uns minutos e puido demostrar a súa inmensa calidade culminando cun gol de mestre que poñía o sexto. 

Aínda quedaría tempo para marcar o sétimo, tamén conseguido por Fer López a pase de Alfon, para culminar unha exhibición do equipo galego, que agarda rival na terceira eliminatoria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade