Claudio: "Son tres partidos importantes en seis días e imos sacar tres onces competitivos"
Claudio: "Son tres partidos importantes en seis días e imos sacar tres onces competitivos"
Marcos Alonso, Ilaix Moriba, Borja Iglesias, Jonathan Bamba e Hugo Álvarez non viaxan co Celta a Salmanca
Marcos Alonso, Ilaix Moriba, Borja Iglesias, Jonathan Bamba e Hugo Álvarez, este último con molestias, non viaxan co Celta a Salmanca para o cruzamento da segunda rolda de Copa do Rei.
Así, a gran novidade xunto a Luca de la Torre, que recibiu a alta este luns e que non debutou en partido oficial este curso, e Iago Aspas, que non estivera no anterior cruzamento. Tamén é a primeira convocatoria neste torneo este curso para Carl Starfelt, Fran Beltrán e Williot Swedberg. Iglesias e Álvarez tamén quedaron en Vigo na outra eliminatoria.
Á parte de Luca da Torre, tamén é a primeira convocatoria tras lesión para Sergio Carreira, que se lesionou precisamente no duelo de San Pedro de Alcántara e, aínda que ten a alta fai un par de xornadas, aínda non entrara na lista. Con respecto a aquel partido, repiten en Copa os xogadores da Celta Fortuna Yoel Lago e Fer López, que foron suplentes coa Celta Fortuna pensando neste compromiso, como xa confirmara Fredi Álvarez.
Tras a derrota de Cornellá ante o Español, agarda este duelo de Copa e o venres, reciben ao Mallorca en Balaídos, tres citas ás que confire gran relevancia.
"Temos tres partidos importantes en seis días e temos que confeccionar tres equipos competitivos. Temos un equipo longo e imos sacar tres onces competitivos, pensando que o estado físico do xogador que salga a xogar sexa óptimo" resaltou Giráldez
👥 𝐂𝐎𝐍𝐕𝐎𝐂𝐀𝐓𝐎𝐑𝐈𝐀 | #UDSCelta pic.twitter.com/AwSKzQoQV3
— RC Celta (@RCCelta) December 2, 2024