Publicador de contidos
Publicador de contidos

Stellantis anuncia a dimisión do seu conselleiro delegado, Carlos Tavares, con efecto inmediato

Stellantis anuncia a dimisión do seu conselleiro delegado, Carlos Tavares, con efecto inmediato

Tavares presentou a súa dimisión este domingo con efecto inmediato, segundo confirmou o propio grupo automobilístico

A data prevista da súa saída era principios de 2026, pero o grupo estivo obtendo malos resultados todo ano 2024

O consello de Stellantis reuniuse este domingo e aceptou “a renuncia” de Tavares, tras xurdiren diferenzas co consello que desembocaron na dimisión

G24.gal 01/12/2024 21:08

O grupo automobilístico francés Stellantis, dono de marcas como Citroën, Peugeot, Opel ou Fiat, entre outras, anunciou este domingo a dimisión do seu conselleiro delegado Carlos Tavares con efecto inmediato.

Carlos Tavares presentou, estes mesmo domingo, a súa dimisión con efecto inmediato do posto, segundo confirmou o propio grupo automobilístico. O grupo anunciara xa a principios de outubro o inicio dun “proceso formal” para nomear o sucesor do executivo portugués, cunha data de saída prevista para principios de 2026.

Porén, esta saída adiantouse algo máis dun ano. O grupo estivo recollendo malos resultados no terceiro trimestre desde 2024, cunha caída das vendas do 20 % e unha contracción dos beneficios do 50 % na primeira metade do ano, polo que se precipitarían os feitos.

O consello de Stellantis reuniuse este domingo e, segundo o comunicado remitido aos medios, aceptou “a renuncia” de Tavares, tras xurdiren diferenzas co consello que desembocaron na decisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade