Os 'panetone' feitos en Ourense triunfan xunto os viños galegos nas cestas de Nadal
Os 'panetone' feitos en Ourense triunfan xunto os viños galegos nas cestas de Nadal
O pan doce tradicional de Italia foise introducindo nas sobremesas galegas e agora tamén é un imprescindible das cestas de Nadal
Estes días as tendas especializas están a tope preparando as cestas, en que din que se aposta, sobre todo, polo produto galego
As cestas de Nadal tamén foron cambiando co tempo. As crises económicas foron reducindo o seu tamaño e a cantidade de produtos, pero moitas empresas privadas aínda manteñen esta tradición de valorar o esforzo dos seus cadros de persoal cun agasallo. O que si, aseguran nas tendas que estes días están ao tope preparando as cestas, que se aposta, sobre todo, polo produto galego.
A tradición das empresas de agasallar as cestas de Nadal perdeu un pouco de pulo nos últimos anos. Dinnos que agora levan menos produtos, pero de máis calidade.
Estes días as empresas especializadas están traballando arreo para remataren todas as encargas tanto das empresas como de particulares.
Listas xa para a súa repartición, a estas cestas non lles faltan os produtos galegos: viños das cinco denominacións de orixe, conservas, castañas ou amendoados para deixar o bico doce.