Publicador de contidos
Publicador de contidos

A música galega volverá soar en Bruxelas no Festival EmigraSON

A música galega volverá soar en Bruxelas no Festival EmigraSON

O cartel da próxima edición presentouse nun acto na embaixada de España 

G24.gal 03/12/2024 21:04

A música galega volverá tomar Bruxelas en 2025 da man do Festival EmigraSON.  A nova edición presentouse este martes na embaixada de España na capital belga.

No acto puidemos ver eurodeputados galegos, e representantes da legación diplomática e da Fundación Galicia-Europa.

O festival, organizado por mozos galegos emigrados en Bélxica, celebrarase o 22 de febreiro. Nesta edición actuarán Tanxugueiras, Fillas de Casandra, Terbutalina e De Ninghures.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade