'Candorca', 'ecocidio' ou 'resiliencia', entre os termos que optan a ser a Palabra do Ano 2022
'Candorca', 'ecocidio' ou 'resiliencia', entre os termos que optan a ser a Palabra do Ano 2022
Poderase votar desde este martes e ata as 23:59 horas do próximo 25 de decembro
'Autoestima', 'candorca', 'comadre', 'ecocidio', 'inflación' e 'resiliencia' optan a converterse na Palabra do Ano 2022. Estas foron os seis termos elixidos tras a fase de recollida de suxestións da iniciativa promovida pola Real Academia Galega e pola Fundación Barrié.
Desde este martes e ata as 23:59 horas do próximo 25 de decembro o público podrá votar pola súa opción preferida a través da web do Portal as Palabras.
Para a RAG, a Palabra do Ano significa unha forma de "resumir os últimos tempos", de sintetizar "como se viviron, para ben ou para mal", ou unha maneira de "redimirse do que se quere deixar atrás", así como de "acercarse ao que se desexa".
En edicións anteriores saíran 'tanxugueiras' (2021), 'nós' (2020), 'sentidiño' (2019), 'deseucaliptización' (2018), 'afouteza' (2017), 'irmandade' (2016) -coincidindo co centenario das Irmandades da Fala-, 'refuxiado-a' (2015) e 'corrupción' (2014).
A Palabra do Ano 2022 elixida polas persoas participantes na votación popular darase a coñecer nos últimos días do ano a través do Portal das Palabras.