Publicador de contidos
Publicador de contidos

Voar dende A Coruña a Xenebra no Nadal xa supera os 820 euros

Voar dende A Coruña a Xenebra no Nadal xa supera os 820 euros

Moitos galegos que residen no estranxeiro xa están botando contas do que lles vai custar a volta á casa

G24.gal 21/11/2024 14:21

As redes sociais son estes días testemuñas do pesadelo que están a vivir moitos dos que residen no estranxeiro buscando opcións de volta á casa para o Nadal.

Porque para voos directos podemos chegar a pagar xa máis de 800 euros, que é o que custa neste momento o enlace entre A Coruña e Xenebra para o 5 de xaneiro, básico, sen equipaxe nin preferencias.

A demanda e a limitada oferta de asentos son factores que contribúen a esta escalada nos prezos, o que obriga os viaxeiros a buscar alternativas.

As ofertas durante o período de Nadal escasean, e as pasaxes máis accesibles esgótanse con rapidez, polo que cómpre ser previsores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos