Cargando resultados...
Tanxugueiras: "As redes sociais non poden ser un vertedoiro de lixo"
Tanxugueiras: "As redes sociais non poden ser un vertedoiro de lixo"
Diluvio acadou o número 1 de vendas en tendas físicas á semana da súa publicación
O terceiro disco de Tanxugueiras é un traballo conceptual que cuestiona crenzas e culpabilidades
Olalla Maneiro e Aida Tarrio
G24.gal
07/10/2022 16:25
Fame de odio, é un dos temas de Diluvio, o novo traballo das Tanxugueiras. Fronte ao pecado capital da gula, as Tanxugueiras propoñen a diversidade.
Normalizar o que é normal.
Este é un dos conceptos que conforman o discurso desde novo disco que, de momento, xa bateu récord en vendas nada máis saír, que as leva polo mundo coa xira Midas, mesmo diluviou en Times Square.
Hoxe non temos as tres, porque Sabela estaba algo enferma, pero si están Olaia Maneiro e Aida Tarrío.