Rueda pon en valor o Hemato Festi como un xeito de honrar a cultura
Rueda pon en valor o Hemato Festi como un xeito de honrar a cultura
Rueda lembrou o espírito alegre e creativo do Hematocrítico e expresou o seu desexo de que o festival se consolide
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o nacemento do Hemato Festi como un xeito de honrar e homenaxear a cultura galega e a figura de Miguel Ángel López, máis coñecido como O Hematocrítico, no primeiro aniversario do seu pasamento.
Rueda lembrou o espírito alegre e creativo do homenaxeado e expresou o seu desexo de que o Hemato Festi se consolide no tempo. "Dedicar estes cinco días aquí en Vigo á literatura infantil en galego e en castelán, ao traballo de tantos profesionais, a todos os que o coñeceron e o van seguir coñecendo por todo o que fixo e por todo o que deixou escrito, por todo iso mereceu a pena facer este festival", afirmou o presidente da Xunta.
Esta primeira edición do festival remata o domingo.