Galicia será a primeira rexión europea que conte cunha lei de intelixencia artificial
Galicia será a primeira rexión europea que conte cunha lei de intelixencia artificial
Alfonso Rueda asegura que o traballo conxunto entre o sector público e o privado son fundamentais para garantir unha intelixencia artificial ética e que priorice as persoas
Durante a súa intervención nun foro sobre intelixencia artificial en Madrid, o presidente da Xunta destacou a importancia de contar cunha norma que garanta o desenvolvemento ético da intelixencia artificial, poñendo as persoas no centro da tecnoloxía. Alfonso Rueda dixo que Galicia será pioneira coa aprobación da lei de intelixencia artificial.
"Con esta lei queremos autorregularnos, ver como se ten que ir implantando a intelixencia artificial no rural, na sanidade e no sistema educativo", asegurou Rueda.
O presidente da Xunta asegurou que o diálogo entre os sectores público e privado é fundamental para desenvolver unha intelixencia artificial segura e responsable: "Todo isto temos que facelo da man do ámbito privado. Se cremos que isto só funciona con normas ditadas dende a Administración e non pensamos que ten que ir acompañado co esforzo que está facendo o sector privado en materia de intelixencia artificial, estamos equivocándonos".