Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Fundación Amancio Ortega entrégalle á Xunta a residencia de Pontevedra

A Fundación Amancio Ortega entrégalle á Xunta a residencia de Pontevedra

Comezará a recibir usuarios no primeiro semestre do 2025

G24.gal 30/10/2024 18:28 Última actualización 30/10/2024 18:46

A Fundación Amancio Ortega entregoulle este mércores á Xunta as chaves da residencia de maiores que construíu e equipou no barrio da Eiriña de Pontevedra. Esta é a terceira residencia das sete compormetidas pola fundación para cada cidade en abrir as súas portas tras as de Santiago e Lugo, que xa están en funcionamento.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a presidenta da Fundación Amancio Ortega, Flora Pérez, visitaron este mércores o centro, que custou 25 millóns de euros. Alfonso Rueda explicou que comezará a recibir usuarios no primeiro semestre do ano que vén e que prevén que no 2025 tamén estean en funcionamento as da Coruña, Ferrol e Ourense.

A residencia de Pontevedra ten 120 prazas en cuartos dobres e 36 individuais, ademais de salas de consulta médica e podoloxía, ximnasio ou salón de peiteado. O presidente da Xunta destacou que as sete residencias financiadas pola Fundación Amancio Ortega en cada cidade ampliarán en 900 as prazas da rede pública autonómica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade