Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Fundación Amancio Ortega crea un fondo con cen millóns para os damnificados

A Fundación Amancio Ortega crea un fondo con cen millóns para os damnificados

Estará ao servizo dos Servizos Sociais dos concellos máis afectados pola DINA

Rúas de Paiporta / EFE Rúas de Paiporta / EFE
G24.gal 04/11/2024 20:44 Última actualización 04/11/2024 20:58

A Fundación Amancio Ortega pon á disposición dos Servizos Sociais dos concellos afectados pola DINA un fondo dotado con 100 millóns de euros. Está destinado a atender as necesidades máis inmediatas dos cidadáns. A fundación asegura nun comunicado que traballará coas administracións competentes para que a axuda chegue aos damnificados do xeito máis áxil, rápido e efectivo.

Ademais Inditex axudará a canalizar cara á Cruz Vermella e Cáritas as achegas voluntarias dos seus empregados. O grupo empresarial tamén se puxo á disposición destas oenegués para contribuír con roupa, calzado e produtos dos fogares en función da evolución da catástrofe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade