As Tanxugueiras vibran con 80.000 persoas congregadas na praia de Riazor
As Tanxugueiras vibran con 80.000 persoas congregadas na praia de Riazor
O trío de cantareiras pulverizan a marca de asistencia a un concerto dun grupo galego na historia do Noroeste
O trío Tanxugueiras ofreceulle ao público presente na praia de Riazor un concerto desbordante de enerxía. Impuxéronse á friaxe e á néboa e lograron encandear os seus seguidores.
A meteoroloxía foi a protagonista non invitada ao espectáculo da Xira Midas. Pero o trío formado por Aida Tarrío, Olaia e Sabela Maneiro recibiu o agarimo do público cos primeiros acordes de Arica e Desidia e logrou que vibrara con elas.
Regresaban as Tanxugueiras á Coruña meses despois da súa primeira parada da xira na Sala Pelícano e desta volta cun público máis entregado. Presentaron o seu novo disco, Diluvio, que xa triunfa nas plataformas de venda.
A éxtase colectiva das máis de 80.000 persoas que estaban na praia de Riazor converteu o concerto no máis multitudinario dunha banda galega neste areal. Os últimos lanzamentos: Pano corado, Seghadoras e Cambia todo, así como Midas e Figa, conquistaron os asistentes. Con Pano corado a néboa non evitou que milleiros de móbiles acenderan a pantalla para iluminar Riazor. O agasallo final chegou despois de interpretar Terra. O trío sorprendeu o público con Ajárrate, de Mercedes Peón.
🥹 Ver a praia de Riazor iluminada será un dos grandes recordos deste @FestNoroesteEG.
— Concello da Coruña (@ConcelloCoruna) August 12, 2022
💙 Grazas A #Coruña pola vosa entrega. pic.twitter.com/UxdpEHITI9