Os centros comerciais galegos esperan os días de máis traballo do ano
Os centros comerciais galegos esperan os días de máis traballo do ano
Os galegos apuramos as compras ata o 23 de decembro
Os principais agasallos son tecnoloxía en xeral e moita roupa e calzado
Os centros comerciais galegos estarán ao tope desde hoxe ata o vindeiro 23, o día de máis traballo do ano, segundo calculan no centro comercial Vialia de Vigo.
Papá Noel está reservando alí moita telefonía, moitos videoxogos e tecnoloxía en xeral e moita roupa e calzado. Calzado sobre todo deportivo, tamén botas, deportivas de vestir ou as famosas australianas ou californianas, que están a arrasar entre o público portugués.
Tamén perfumes, xoias ou libros poden atoparse neste centro comercial cuxa gran vantaxe, coma en todos, é contar con aparcadoiro propio e poder adquirir variedade de regalos baixo o mesmo teito.
"Algo de roupa e algún xoguete para os meniños".
"Estamos intentando non toparnos a última hora coas multitudes ou que falte talle".
"Na miña familia facemos o amigo invisible e estamos comprando os últimos agasallos para facelo".
Semella que Papá Noel vainos vestir da cabeza aos pés, pero sobre todo os pés.
"Este ano nótase moitísimo a venda de botas e deportivas, sobre todo deportivas, é un agasallo que gusta a todo o mundo e cada fin de semana que pasa nótase moitísimo máis", explica Sara Muñiz, dependenta dunha tenda de calzado.
Tamén atopamos persoas que se centran no inmaterial e nas boas intencións.
"Eu saúde".
"Eu pido amor e saúde, e agasallar algo material si que toca".
Semella que non moitas cartas coma estas chegaron a Oriente ou á Laponia, porque son moitos os que se achegan aos centros comerciais a adquirir outro tipo de agasallos.