Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os pequenos comerciantes afrontan a campaña do Nadal con optimismo

Os pequenos comerciantes afrontan a campaña do Nadal con optimismo

O comercio local e de proximidade trata de facerlle fronte á competencia das grandes cadeas

É a campaña de vendas máis importante do ano para moitas tendas e afróntana con optimismo

A calidade dos produtos e a atención personalizada é o que máis buscan nas súas compras

Os ourensáns apostar por mercar os agasallos de Nadal no comercio local.
G24.gal 16/12/2023 15:00 Última actualización 16/12/2023 17:25

O ambiente de compras para o Nadal intensifícase estes días nos centros comerciais, pero tamén nas tendas situadas a pé de rúa. O comercio local e de proximidade trata de facerlle fronte á competencia das grandes cadeas e loita por conservar e atraer nova clientela nestas datas. Afronta a campaña con bastante optimismo.

Á hora de elixir os agasallos para o Nadal hai quen segue apostando por mercar no comercio local. A calidade dos produtos e, sobre todo, a atención máis directa e personalizada é o que máis valoran os clientes que acoden aos pequenos comercios.

Estes días e os que quedan para as datas do Nadal son os de maior actividade nas tendas e os comerciantes esfórzanse por manter a fidelidade da súa clientela.

"Nós temos unha clientela moi fiel e no Nadal estamos ao tope. A xente que compra coñécenos de sempre, sabe que temos produto de calidade", asegura Ángeles Rodríguez de Doces Fina Rei de Allariz. 

"Se se lle perde un tícket, pois cámbiaselle igual. Asesorámolos desde o primeiro minuto que entran pola porta. Non temos ao mellor as mesmas condicións, as mesmas cousas e as cantidades que teñen as grandes áreas, pero temos un trato completamente exquisito", explica María Jesús Díaz, a dona da zapatería World en Ourense. 

"Seguimos tendo o problema da Internet, coma sempre, pero xa volven comezar a facer as compras do Nadal. A xoiería sempre é moi socorrida para os regaliños e imos empezando a campaña con decencia", apunta Arturo Rodríguez, o propietario de 21 Grs Xoiería Artesanal en Ourense. 

É a campaña de vendas máis importante do ano e os pequenos comerciantes confían en mellorar ata nun 10% os datos do ano pasado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar