Publicador de contidos
Publicador de contidos

Renfe lanza prezos especiais para ir a Vigo e gozar das súas luces de Nadal

Renfe lanza prezos especiais para ir a Vigo e gozar das súas luces de Nadal

A oferta inclúe billetes a 25 e 30 euros para viaxar en trens de alta velocidade e longa distancia, con orixe ou destino á cidade, ata o próximo 12 de xaneiro de 2025

Quen queira desprazarse nestes trens desde Ourense, Pontevedra ou Vilagarcía tamén poderán beneficiarse da campaña, con prezos de 7,5 euros

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e persoal do seu equipo no acendido de luces en Vigo en novembro de 2024. (EuropaPress) O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e persoal do seu equipo no acendido de luces en Vigo en novembro de 2024. (EuropaPress)
G24.gal 03/12/2024 15:09

Renfe lanzou unha campaña de 'superprezos' para fomentar os desprazamentos en tren a Vigo desde Madrid e estacións intermedias, para poder visitar a cidade olívica e gozar da iluminación e o resto de atractivos do Nadal.

A oferta inclúe billetes a 25 e 30 euros para viaxar en trens de Alta Velocidade e Longa Distancia, con orixe ou destino a cidade olívica, ata o próximo 12 de xaneiro de 2025.

Esta campaña está dispoñible para desprazamentos entre Madrid, Segovia, Zamora, Medina AV/AV e Vigo, en ambos os sentidos.

Ademais, aqueles viaxeiros que queiran desprazarse nestes trens dende Ourense, Pontevedra ou Vilagarcía tamén poderán beneficiarse da campaña, con prezos de 7,5 euros.

Os billetes poden adquirirse desde este martes en www.renfe.com e a app de Renfe; tamén en axencias de viaxe presenciais e virtuais, despachos de billetes das estacións, máquinas autovenda e venda telefónica no 912 320 320.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade