Publicador de contidos
Publicador de contidos

O reclamo das luces de Nadal dispara os prezos dos hoteis de Vigo

O reclamo das luces de Nadal dispara os prezos dos hoteis de Vigo

Os prezos van dos 200 ata os 3.000 euros a noite

Para a ponte festiva e as fins de semana queda pouca dispoñibilidade hoteleira

G24.gal 03/12/2024 14:32

Nos hoteis da cidade de Vigo os teléfonos non paran de soar. A poucos días para a ponte de decembro queda xa pouca dispoñibilidade hoteleira e moitos hoteis están xa completos.

"Estamos case ao completo. Os nosos prezos están nuns 200 ou 300 euros dependendo de si é ou non con spa", sinala a relacións públicas do Gran Hotel Nagari, Rocío Porto.

O reclamo das luces de Nadal de Vigo dispara a demanda de aloxamento e canda ela os prezos. Botando unha ollada en portais de reservas, e segundo a situación, a dispoñibilidade ou a categoría do hotel as ofertas van dende os 200 ata os 3.000 euros a noite.

"Nesta época con alta demanda os prezos adquiren a categoría de cidades coma Madrid ou outras cidades de relevancia coas que nós temos que compararnos", explica Iván Sánchez, presidente da Asociación de Hostalería de Vigo.

Nos hoteis din que a cidade cumpre coas expectativas, que vén xente de moi diversos puntos e que a maioría repite.

Os máis de once millóns de luces led iluminarán as principais rúas da cidade ata o vindeiro 12 de xaneiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade