Publicador de contidos
Publicador de contidos

Milleiros de luces en 3.000 metros na Casa do Nadal do Cancelo

Milleiros de luces en 3.000 metros na Casa do Nadal do Cancelo

A Casa do Nadal do Cancelo abre ao público de balde

G24.gal 30/11/2024 21:26

Nos Vilares, en Guitiriz, hai unha casa que cada Nadal é noticia polos milleiros de luces cos que decoran unha parcela duns 3.000 metros na que apenas queda un recuncho que non estea alumado.

Cada ano pasan por esta vivenda do Cancelo centos de persoas que se achegan a este parque temático que, para poder abrir ao público, empeza a montarse con dous meses de antelación.
No Nadal esta parcela do Cancelo, na parroquia guitiricés dos Vilares, é un templo para os amantes das luces do Nadal, xa que milleiros e milleiros de luces enchen de cores cada recuncho dunha veiga na que a decoración está estruturada por temas.
Todo canto ven saíu da cabeza e das mans de Sés e mais do seu home, Pepe.

Empezaron con isto hai xa catorce anos, e hai nove a decoración foi collendo tal magnitude que decidiron abrir o espazo ao público, e facelo de balde.

O espazo pódese visitar dende o trinta de novembro ata Reis, de cinco e media a dez e media da noite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar