Paraugas de cores en Ourense pola inclusión das persoas con diversidade funcional
Paraugas de cores en Ourense pola inclusión das persoas con diversidade funcional
O 3 de decembro conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade
Unha de cada seis persoas teñen unha discapacidade importante
Unha de cada seis persoas no mundo ten diversidade funcional. Para reclamar a súa inclusión social e laboral e para promover os seus plenos dereitos, hoxe conmemórase o Día Internacional da Discapacidade con actos por todo o país.
Con só ano e medio de vida, Ray sufriu unha parálise cerebral, nunca máis volveu camiñar. A eliminación de barreiras, e non só as físicas, é o que reclama; "Hai as barreiras sociais que sempre intento inculcar moito, unha discapacidade non te define en si, podes ter unha discapacidade e levar unha vida normal".
Que hai que respectar unha sociedade é diversa e plural é algo que aprenden na escola dende pequenos. "Levamos paraugas de cores porque cremos que é un xeito de representar que todos somos iguais e temos que ter os mesmos dereitos",
Os dereitos e o benestar das persoas con diversidade funcional é o que reivindican as dez asociacións de Ourense que hoxe se reuniron baixo o mesmo paraugas e que os poderes públicos os teñan en conta coas nosas necesidades específicas, "coas nosas limitacións pero seguimos sendo persoas válidas e podemos achegar moito".
Con 30 unha esclerose cambioulle a vida a Alberto, que trece anos despois non deixa de perder mobilidade; "temos dereito a ter traballo, parella e un ocio inclusivo para todos, vivir con dignidade".