Cargando resultados...
A subcampioa española de paragility é de Cedeira
A subcampioa española de paragility é de Cedeira
Menchu Iglesias anima a participar nun deporte que reforza o vínculo cos cans
G24.gal
10/11/2024 14:39
Menchu Iglesias, unha cedeiresa, e Fada, a súa cadela, son as campioas galegas e as subcampioas españolas de paragility, unha disciplina que Menchu trata de animar a practicar a todas as persoas que sexan amantes dos cans e estean en circunstancias semellantes ás súas, xa que vai nunha cadeira de rodas.