Publicador de contidos
Publicador de contidos

O vínculo entre o can e o guía, o fundamento do 'agility'

O vínculo entre o can e o guía, o fundamento do 'agility'

Expertos internacionais impartiron dúas xornadas formativas en Silleda

As primeiras aprendizaxes dos cans fanse sempre a través do xogo

G24.gal 27/10/2024 21:10 Última actualización 27/10/2024 23:07

O deporte canino do agility goza cada vez de máis afeccionados en Galicia, que esta fin de semana estiveron formándose en Silleda para reforzar os vínculos cos animais e perfeccionar as técnicas de condución dos cans na pista.

Desde os primeiros meses ata que xa son adultos, estes cans van adquirindo novas habilidades a partir do xogo á vez que reforzan a relación cos seus donos. 

"Os alumnos están aprendendo desde o minuto cero: as bases de xogo, como crear vínculo co can para competir. E os que xa estamos máis avanzados estamos pulindo os nosos defectos no guiado en competición", conta Xavier Oliveira, presidente da Asociación Galician Agility Festival.

O aumento de persoas que deciden ter un can como mascota leva a buscar tamén actividades para realizar xuntos. De aí que nos últimos tempos haxa un interese maior en deportes coma este e na educación e formación dos cans.

"O importante é que o can se relacione ben con nós, que aprenda a gozar das cousas e que haxa un vínculo forte a través do xogo, da comida e das caricias.  É fundamental que realmente o can queira facer cousas con nós para divertirse", di Óscar Morales, axilista e instrutor da formación

Unha vez adquirido ese vínculo xa se pode perfeccionar a condución do can nunha pista con obstáculos.

"Traballamos sobre o guiado do can porque un movemento diferente fai que o can faga algo que ti non queres" describe Tania López, que participa no curso

Insisten en que o importante é divertirse xuntos, que o entendemento case non precisa de palabras e que é fundamental que en cada actividade se mostre o afecto entre o dono e o animal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade