Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cautela dos donos de mascotas ante a alerta por cebos envelenados en Pontevedra

Cautela dos donos de mascotas ante a alerta por cebos envelenados en Pontevedra

Din que nos últimos meses morreron catro cans envelenados na rúa

Nin na Policía Nacional nin na Local hai presentada ningunha denuncia

Imaxe de dúas mascotas paseando este mércores á mañá en Pontevedra
G24.gal 23/10/2024 13:57

O paseo da Ría é un dos puntos en que, supostamente, apareceron restos de comida que agochaban veleno. Mesmo falan de que eses cebos ocasionaron a morte a catro cans desde hai un ano.

Bea afirma ser testemuña de tres deses casos nas Corvaceiras: "Alí si que morreron xa tres cans. E falando no supermercado, porque eu alí xa non o deixo ir nunca; o da miña veciña, Bali, morreu envelenado. Ademais era un veleno que non lle deu tempo a trasladalo. Ía camiño de Santiago e o can xa morreu, sen tempo a salvalo".

O mesmo que Luis, quen pasea coa mascota, anda vixiante ante o temor de que o animal coma o que non debe: "Ando con ela presa, porque ten tendencia a comer todo o que ve".

Di que nos seus paseos non encontrou nada sospeitoso, como tamén din Carmen e Juan. "Non se me deu o caso de velos, pero paréceme que é unha atrocidade. Obra de xente sen escrúpulos, sen alma e sen....", afirma Juan.

E Carmen conta: "Eu non encontrei. Teño coñecidos que si, que ao can lle pasou algo, pero que o colleron a tempo e salvouse".

Nin Policía Nacional nin a Local recibiron denuncias sobre algún achado no espazo público de Pontevedra de alimentos envelenados cos cans como obxectivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade