Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aparecen dous cans supostamente abandonados na horta dunha casa en Lugo

Aparecen dous cans supostamente abandonados na horta dunha casa en Lugo

O máis novo dos animais estaba amarrado cunha corda a un couceiro

Tras seren trasladados ao albergue da protectora, o seu dono recuperounos

Aduciu que levaba pouco con eles, sen tempo a poñerlles o chip, e que escaparan

Félix Aragunde 29/10/2024 14:10

Dous cans cruzados coa raza setter foron localizados na horta dunha vivenda na parroquia de Orbazai, en Lugo. Non tiñan o microchip identificativo e un deles estaba atado a un couceiro, polo que consideraron que foran abandonados. 

Luis Real, dono da casa: "O que máis me estrañou é que estaban atados cunha corda de saltaren os pequenos. O máis novo non sei como non afogou, e o grande, ao estar a cadeliña presa, non marchaba". 

Unha vez se decataron do acontecido, os veciños alertaron a Policía Local. Á súa vez, os axentes déronlle aviso a un laceiro, que levou os animais ao albergue da protectora.

A sorpresa saltou cando se presentou o dono dos cans aducindo que levaba pouco tempo con eles, que escaparan e que se enredaran coa corda dunha rapaza, unha versión que lle resulta verosímil ao veterinario que os revisou. 

Diego Álvarez Abuín, dono dos cans: "Había pouco que os tiñamos, que nolos dera un cazador, xa falaramos cun veterinario para pórlles o chip, como puideron corroborar na Protectora, e tivemos a mala sorte de que escaparon". 

Alberto Losada, presidente da Protectora de Animais de Lugo: "Danse casos de que cando non cazan, os abandonan, nalgún caso mesmo quitándolle o microchip. Entendo que, cando se ven cans de caza fóra do deu sitio, a xente pense mal". 

Finalmente, Zeus e Cuca, que é como se chaman os cans, puideron volver para o seu novo fogar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar