A Xunta vai destinar máis de 170 millóns de euros a axudar as persoas con discapacidade no 2025
A Xunta vai destinar máis de 170 millóns de euros a axudar as persoas con discapacidade no 2025
Na inauguración do novo centro de Aspanaex en Vigo, Alfonso Rueda destacou o carácter social dos próximos orzamentos
As novas instalacións van contar con 35 prazas concertadas da Xunta o próximo ano
O novo centro de Aspanaex en Vigo vai contar con 35 prazas concertadas da Xunta o próximo ano. Terá capacidade en total para 100 persoas, incluíndo o centro de día.
Na inauguración do edificio, Alfonso Rueda puxo en valor o labor das asociacións que traballan a prol das persoas con discapacidade.
"Se non houbese asociacións como a vosa, sería sempre unha tarefa inacabada", dixo Rueda.
A Xunta vai destinar no 2025 máis de 176 millóns de euros para axuda á discapacidade. Rueda dixo que os próximos orzamentos van ser máis sociais ca nunca.
"Intentaremos que sexan máis sociais ca nunca, subimos as cantidades, somos conscientes de que hai moitas necesidades. Temos que seguir facendo todo o posible porque centros coma este, que vai supoñer un antes e un despois en Vigo, hai que seguir atendéndoos".
A Xunta destinou 2 millóns de euros para a construción do centro, case o 50 % do custo total das obras.