Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prisión comunicada e sen fianza para os detidos polo crime do praceiro de Santiago

Prisión comunicada e sen fianza para os detidos polo crime do praceiro de Santiago

Momento no que un dos detidos chega aos xulgados composteláns (EFE / Xoan Rey)
G24.gal 14/11/2024 13:23 Última actualización 14/11/2024 15:14

A maxistrada do Xulgado de Instrución número uno de Santiago decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, das dúas persoas detidas polo crime do dono dunha carnicería na praza de abastos, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

"Hai contradicións nas súas declaracións e hai unha testemuña que estivo alí presente nos feitos", sinala o avogado da familia, Francisco Méndez.

A versión do vixilante tamén foi crucial para que un terceiro investigado quedara en liberdade xa o primeiro día. Sería supostamente a persoa que traballou nun posto da praza hai meses e hoxe tamén declarou.

"Estariaselle imputando un delito de omisión de socorro. Nada máis. Parece ser que viña cos outros dous pero quedou máis atrás", explica Méndez

Os dous homes, que foron arrestados o martes, pasaron esta mañá a disposición xudicial, e fixérono entre unha grande expectación mediática.

Tamén declarou unha terceira persoa, que nun primeiro momento foi detida, pero que posteriormente quedou en liberdade.

Ata os xulgados composteláns tamén se desprazaron familiares da vítima, o carniceiro Antonio Costa, visiblemente afectados, entre eles a súa filla Gloria.

Quedan moitos interrogantes por desvelar. Un deles como e por que empezou a pelexa

"Atopouse con estas persoas e non sei o que pasou pero probablemente unha discusión acalorada cun tráxico final, onde non tiña que acabar", engade a filla de Antonio Costa.

Pero o máis importante é o resultado da autopsia, que aínda non transcendeu. Parece que non está claro aínda se Antonio Costa morreu co golpe do pau ou na caída.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade