Novas
Contido coa etiqueta .
Crime
Conclúe o xuízo de Velle: "un criminal" para a acusación e "un enfermo" para a defensa
20/11/2024 16:14
Ambas as dúas acusacións piden penas de máis de 25 anos por un delito de asasinato consumado e outro en grao de tentativa
O debate principal e se sabía o que facía ou non era consciente polo seu problema de saúde mental
O xurado recibirá o obxecto de veredicto este xoves
O sobrevivente do crime de Velle: "Mireino aos ollos e vin o coitelo no meu abdome"
19/11/2024 16:01
Foi agredido en canto abriu a porta da casa ao seu curmán
Os psiquiatras que atenderon o acusado confirmaron que sofre dunha esquizofrenia paranoide, pero non puideron precisar se era ou non consciente do que facía
O acusado do crime de Velle di que non recorda nada
18/11/2024 14:01
A Fiscalía pide 24 anos de prisión por un delito de asasinato e outro intentado
As acusacións particulares solicitan por primeira vez en Ourense a prisión permanente revisable
Morre un dos sete monxes atacados no mosteiro de Gilet en Valencia
11/11/2024 18:32
Está previsto que o detido pola agresión pase este martes a disposición xudicial
O autor do crime do Areal, condenado a 11 anos e medio de cárcere
30/10/2024 17:25
Tras recoñecer os feitos e recibir o veredicto de culpabilidade do xurado, David Macía é condenado por delitos de homicidio e estafa contra o profesor xubilado Benito Torreiro
O acusado do crime machista do Birloque alega que tomara alcol, pastillas e fentanilo
15/10/2024 16:49
Recoñeceu que acabou coa vida da que era a súa parella, nun día no que tiña a intención de quitarse a súa propia
A Fiscalía e a acusación piden 25 anos de prisión por asasinato e unha indemnización de 80.000 euros para os dous fillos
Culpable de homicidio e estafa o mozo que confesou o crime do Areal
14/10/2024 19:27
O xurado emitiu o seu veredicto este luns á tarde
"Non sei por que o matei", di o acusado do crime do Areal tras recoñecer os feitos
Decretan prisión sen fianza para o acusado do crime machista de Moaña
07/10/2024 18:42
O home, de 47 anos e con antecedentes, está acusado dun delito de homicidio, con penas entre 10 e 15 anos de cárcere
Confirman o de Moaña como crime machista, terceiro do ano en Galicia
Investigan como violencia machista a morte dunha muller en Roquetas de Mar
05/10/2024 10:53
A súa parella permanece detida nun centro hospitalario tras tentar quitarse a vida
O presunto autor do crime, de 72 anos, causoulle varias feridas punzantes á vítima
"Non sei por que o matei", di o acusado do crime do Areal tras recoñecer os feitos
01/10/2024 12:26
O acusado admite ante o xurado que matou a vítima en decembro de 2021, pero non foi quen de explicar por que
A Fiscalía pide para el 11 anos e medio de prisión por un delito de homicidio e outro de estafa; a acusación particular eleva a petición de pena ata os 18 anos
Comeza en Vigo o xuízo contra o acusado da morte dun home de 69 anos no seu piso da rúa Areal
30/09/2024 09:08
A Fiscalía solicita ata once anos e medio de cárcere por un delito de homicidio e un delito continuado de estafa
Máis de medio cento de persoas piden xustiza para Esther López en Valladolid
06/09/2024 13:19
O pai e a irmá da vítima estaban entre os asistentes á concentración co lema “Sen xustiza non hai descanso. Xustiza para Esther xa!”
Daniel Sancho, condenado a cadea perpetua polo asasinato de Edwin Arrieta
29/08/2024 06:27
O xuíz declarouno culpable do asasinato premeditado de Arrieta, do despezamento do corpo e do roubo do pasaporte
Sancho evita a pena de morte por colaborar na investigación, pero deberá pagar unha indemnización de máis de 100.000 euros á familia da vítima
A sentenza é recorrible en ata dúas instancias superiores
Prisión provisional para a muller detida por matar o seu marido en Orihuela
03/08/2024 19:43
Os feitos sucederon nunha vivenda turística onde pasaban as vacacións
A detida, de 49 anos, acoitelou presuntamente o seu marido, de 44 anos, no medio dunha discusión
Crimes de violencia machista: dúas mulleres asasinadas esta noite en Cataluña
14/07/2024 09:47
Os Mossos d'Esquadra xa detiveron un home supostamente implicado no asasinato da súa parella en Salou
A muller asasinada en Sabadell foi acoitelada pola súa exparella ante as súas dúas fillas pequenas
O xurado declara culpable de asasinato con aleivosía e roubo o acusado do crime de Tirán
04/07/2024 22:13
O xurado considerou que Balbino entrou na casa da vítima con intención de roubar e que a agrediu sen que a muller tivese posibilidade de defenderse
A Fiscalía mantivo a súa petición de 25 anos de prisión, á que se adheriu a acusación particular
A defensa solicitou que se lle impoña a pena no seu grao máis baixo
As testemuñas do crime de Tirán apuntan o acusado como autor do asasinato
02/07/2024 14:51
Varios veciños viron a Balbino Soliño espreitar a casa da vítima na mañá do crime
O fillo da asasinada dixo que o acusado xa entrara a roubar na casa hai anos
Tres mulleres mortas en dous novos casos de violencia machista
29/06/2024 10:53
En Granada o agresor utilizou unha escopeta para matar as dúas mulleres e logo suicidouse
Un home de 75 anos estrangulou a súa parella e logo tentou sen éxito suicidarse en Fuengirola
O menor que matou o pai en Totana acoitelouno para que deixase de agredir a nai
27/06/2024 19:22
Tamén en Murcia, detiveron unha muller por matar o pai e ferir gravemente a nai
Detido un veciño de Moaña en busca e captura pola Interpol
25/06/2024 17:02
Estaba en busca e captura pola Interpol pola presunta comisión de delitos de estafa, falsidade en documento mercantil e denuncia falsa
A detención foi o pasado venres, día 21 de xuño
Trátase dun home de 60 anos de idade natural de Moaña
O acusado de matar a súa exparella en Ribeira sae de prisión para unha reconstrución dos feitos
20/06/2024 11:36
O acusado permaneceu hora e media xunto a comitiva xudicial na vivenda en que aconteceron os feitos
A reconstrución coincidiu cunha concentración de familiares e amigos da vítima, que tiña un fillo en común co suposto asasino
Deteñen un home supostamente relacionado coa morte da súa nai en Barcelona
18/06/2024 20:31
Os investigadores manteñen aberto o caso por se houbese máis persoas implicadas no crime
Arquívase a causa de Déborah Fernández por falta de probas contra o investigado
14/06/2024 14:56
A xuíza alega falta de probas contra o único investigado
A Garda Civil pide a colaboración cidadá para dar cun dos supostos autores do crime de Arteixo
12/06/2024 11:37
Cinco persoas foron detidas en relación con este crime: catro están en prisión e unha quedou en liberdade
O home foi tiroteado en outubro pasado en Arteixo en plena rúa
Prisión provisional para a muller detida e o seu fillo polo asasinato de Borja Villacís
07/06/2024 19:00
A xuíza decretou prisión provisional para Kevin e a súa nai, a muller arrestada o pasado martes
I.E.B., o outro detido, sairá en liberdade con medidas cautelares
Os tres detidos polo asasinato de Borja Villacís pasan a disposición xudicial
07/06/2024 13:36
Os dous homes arrestados foron postos a disposición da xustiza en Toledo; a muller fíxoo en Madrid
Detida unha moza de 18 anos ao acharse un bebé morto na súa casa
28/05/2024 21:47
A alarma saltou cando a moza tivo que acudir a un centro sanitario debido a que sufría unha forte hemorraxia
Cae o cártel de Sinaloa en España, coa incautación de 1.800 quilos de metanfetamina
15/05/2024 14:43
É o maior alixo comisado desta substancia en España e o segundo maior de Europa
A investigación comezou hai un ano cunha detención en Tenerife
Golpe á 'Ndrangheta, a poderosa mafia calabresa
14/05/2024 14:30
A operación policial rematou con 129 detidos na área de Cosenza
Atribúenselles delitos de asociación mafiosa, extorsión, lesións, narcotráfico, posesión de armas e roubos
Un axente da policía económica italiana encóntrase suspendido
Trátase da maior mafia de Italia, cunha facturación aproximada de 50.000 millóns de euros
07/05/2024 16:08
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ratifica ademais o asañamento co que cometeu o crime o condenado
Un detido tras a morte violenta dunha muller no centro histórico de Zaragoza
04/05/2024 12:23
A vítima estaba tendida na rúa cun corte no pescozo
Deteñen en Suíza un home que fuxiu de Ourense para non cumprir unha condena
03/05/2024 16:10
Buscábano por intento de homicidio e tráfico de drogas
O acusado de matar un menor cunha espada en Londres ten nacionalidade española e brasileira
02/05/2024 16:02
Este xoves compareceu ante o Tribunal de Maxistrados de Westminster nunha vista preliminar
Ademais do asasinato, a Fiscalía acúsao de dous cargos de intento de asasinato, outros dous de causar danos físicos graves, furto e posesión dun artigo punzante
As acusacións piden que se ratifique a condena de 20 anos de cadea polo crime da rúa Zamora, en Vigo
29/04/2024 14:11
A defensa pide a libre absolución ou de xeito subsidiario que se rebaixe a pena a 15 anos de cadea
Os feitos aconteceron en outubro do 2022
Unha empresa de ciberseguridade analizará o móbil de Déborah Fernández
28/04/2024 19:43
A familia acaba de recuperar o teléfono e non perde a esperanza de topar probas no seu interior
Detido un home acusado de matar o seu fillo cunha arma de fogo en Labiano (Navarra)
28/04/2024 10:53
O crime tivo lugar este domingo a primeira hora
O crime de Vilaxóan destapa un narcopiso cunha plantación ilegal de marihuana
27/04/2024 20:06
Dúas persoas, supostamente inquilinas do inmoble, foron detidas en relación co cultivo da droga
O acusado de matar o seu cuñado a coiteladas o pasado venres iniciou unha discusión coa vítima nesta vivenda
O arrestado polo crime permanece en dependencias policiais á espera de pasar a disposición xudicial
Detido o home acusado de acoitelar o cuñado en Vilaxoán
26/04/2024 20:29
Os implicados, de entre 30 e 40 anos, son veciños da Illa de Arousa
17/04/2024 16:05
A psiquiatra que atendeu a investigada dixo que a muller "estaba desbordada pola situación e que pensaba que a mellor solución era acabar coa vida dos dous"
A fiscalía pensa que a acusada acabou coa vida do home de xeito unilateral, non porque se puxesen de acordo