"Non sei por que o matei", di o acusado do crime do Areal tras recoñecer os feitos
"Non sei por que o matei", di o acusado do crime do Areal tras recoñecer os feitos
O acusado admite ante o xurado que matou a vítima en decembro de 2021, pero non foi quen de explicar por que
A Fiscalía pide para el 11 anos e medio de prisión por un delito de homicidio e outro de estafa; a acusación particular eleva a petición de pena ata os 18 anos
O mozo de 24 anos, David Macía, recoñeceu ser o autor do crime da rúa Areal de Vigo en decembro de 2021. Afirmou perante o xuíz que matou a Benito, un profesor xubilado de 69 anos, na súa casa tras golpealo na cabeza cunha bóla de mármore para despois cortarlle o pescozo e asestarlle un total de 21 coiteladas.
Tamén recoñeceu que se fixo pasar por Benito para contactar por teléfono co seu banco para pedir unha ampliación do crédito das tarxetas da vítima. De feito, na sala, identificou nesa chamada a súa voz.T
Tras a súa declaración pasaron por esta sala a sobriña do falecido e os policías que acudiron á vivenda tras a súa detención, unha semana despois destes feitos. Collérono nun control rutineiro de tráfico en Lalín onde apareceu a documentación da vítima e teléfonos móbiles.
A Fiscalía considera o acusado autor dun delito de homicidio e estafa pero as acusacións particulares cualifican os feitos como asasinato con asañamento, o que elevaría a 18 anos a petición da condena. Ricardo Gómez, avogado dunha das partes da acusación particular.
"Vai depender un pouquiño do que recoñeza, non só a autoría dos feitos que xa está recoñecida, senón tamén unha serie de probas como unha gravación e, a partir de aí, as partes valoraremos se seguir ou non co resto da proba".
Con todo, a pesar de recoñecer os feitos, non foi quen de explicar o motivo polo que matou este profesor. Foi a única pregunta que lle formulou unha das partes do xurado popular. Tampouco quixo contestar á relación que mantiñan ambos os dous.
A vista seguirá este mércores con máis testemuñas.
O procesado foi detido o 4 de xaneiro de 2022 tras ser sorprendido nun control de tráfico circulando nun coche que comprara co diñeiro do falecido e levando enriba as tarxetas e a documentación da súa vítima.
A Fiscalía considera o acusado autor dun delito de homicidio e outro continuado de estafa, e pide que sexa condenado a 11 anos e medio de prisión.
As acusacións particulares cualifican os feitos como asasinato con asañamento ou, alternativamente, como homicidio, e atribúenlle tamén un delito continuado de estafa, polo que elevan a petición de pena aos 18 anos de cárcere.