Publicador de contidos
Publicador de contidos

As testemuñas do crime de Tirán apuntan o acusado como autor do asasinato

As testemuñas do crime de Tirán apuntan o acusado como autor do asasinato

Varios veciños viron a Balbino Soliño espreitar a casa da vítima na mañá do crime

O fillo da asasinada dixo que o acusado xa entrara a roubar na casa hai anos

 

 

G24.gal 02/07/2024 14:51

Na porta da casa da vítima, no xardín e nunha bicicleta a poucos metros do lugar do crime. Estes son os lugares onde varias testemuñas sitúan a Balbino Soliño na mañá do asasinato de Cándida Soaje.

Foi o fillo da vítima quen atopou o cadáver, atado de mans, golpeado e cunha corda no pescozo. Na súa declaración apuntou directamente a Balbino, dicindo que súa nai lle tiña medo porque xa entrara na vivenda a roubar hai anos. 

O acusado, que se enfronta a unha pena de 25 anos de cadea, tiña as chaves de Balbina, e sangue dela nunhas luvas e nunhas zapatillas cuxa pegada apareceu na escena do asasinato. 

Porén, a defensa pide a libre absolución de Balbino. 

"Hai quen di que o viu no exterior, pero non hai proba directa de ningunha testemuña que o vise dentro da casa onde tiveron lugar os feitos", argumenta Juan Carlos Janeiro, o avogado da Defensa.

Escoitadas as testemuñas e os peritos, mañá colle a palabra o acusado. Diante do xurado popular explicará a súa versión do sucedido e os argumentos cos que defende a súa inocencia. Está previsto que o xoves haxa obxecto de veredicto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade