A FP medra cada ano en Galicia na oferta de prazas e de titulacións e en alumnado
A FP medra cada ano en Galicia na oferta de prazas e de titulacións e en alumnado
Na Consellería de Educación destacan que a nosa comunidade autónoma é un referente en toda España na calidade desta oferta educativa e na empregabilidade
Galicia é, xunto co País Vasco, a comunidade autónoma con máis alumnos na Formación Profesional e coas menores taxas de abandono
A Formación Profesional en Galicia medra cada ano en oferta de prazas, de titulacións, en alumnado e na empregabilidade nas empresas e nos sectores produtivos.
"Este ano é o ano no que temos unha maior oferta de prazas de FP estamos por riba das 64.000 prazas matriculadas no curso pasado e unha oferta este ano de máis de 42.000 novas prazas. Isto responde a máis de 200 novas titulacións que van desde a FP básica, ciclos medios, ciclos superiores e tamén os másteres de especialización. É unha ampla oferta que a deseñamos en contacto coas empresas", di Román Rodríguez, conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP.
Entre as liñas nas que traballa a Xunta dentro da FP está a da Innovación.
"Vimos de presentar esta mesma semana 45 proxectos de innovación para que os centros educativos, xunto coas empresas, poidan desenvolver proxectos que melloran a motivación e a empregabilidade dos alumnos. Temos másteres especializados en ámbitos como a intelixencia artificial, a ciberseguridade, en mecatrónica, en fabricación aditiva", engadiu.
Galicia é, xunto co País Vasco, a comunidade autónoma con máis alumnos na Formación Profesional e coas menores taxas de abandono.