Publicador de contidos

Publicador de contidos

O hidróxeno verde integrarase na formación profesional en Galicia

O hidróxeno verde integrarase na formación profesional en Galicia

Será previsiblemente no curso vindeiro da FP

Hai uns días a Xunta e a Asociación Galega do Hidróxeno asinaban un convenio para deseñar formación especializada que dea resposta ás necesidades das empresas neste ámbito

Este acordo terá catro anos de duración e tamén contempla a formación específica para o profesorado

G24.gal 29/03/2025 14:42

Segundo os expertos, o hidróxeno verde é unha enerxía de futuro que lle vai permitir a Galicia desenvolver novas iniciativas industriais cun custo enerxético controlado no tempo.

"Neste momento Galicia conta con aproximadamente 30 proxectos razoablemente maduros e por tanto para o futuro vai ter necesidade de profesionais que poidan explotar este tipo de proxectos", di  Mayte Gutiérrez, xerente da Asociación Galega do Hidróxeno.

De aí que a Xunta e a Asociación Galega do Hidróxeno vaian colaborar no impulso da innovación tecnolóxica e a formación especializada dentro da formación profesional. Precísanse perfís profesionais de futuro. Este acordo terá catro anos de duración. 

"Como o hidróxeno en moitos ámbitos industriais é neste momento un gran descoñecido, o convenio recolle tamén a formación do profesorado que estará nas aulas de FP e o desenvolvemento de proxecto de I+D para poñer en práctica dentro destes ciclos. Participan as empresas, os alumnos estarán na aula a metade do ciclo superior e a outra metade farán prácticas nas empresas", engade.

A xeración da enerxía, a produción, o almacenamento, a distribución e o consumo... a toda esta cadea de valor fóronselle incorporando iniciativas que son máis descoñecedoras do hidróxeno verde como vector enerxético e como materia prima. 

"Son sectores moi variados. Temos o sector da construción, enxeñerías, consultorías, promotores eólicos, promotores fotovoltaicos", destaca Mayte Gutiérrez.

A consellería de Educación e a Asociación Galega do Hidróxeno traballan para deseñar o contido dos ciclos superiores e que poidan estar en funcionamento o antes posible. A previsión é o curso vindeiro.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade