Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sector dos centros de datos asegura que xa supón o 2,5 % do PIB español

O sector dos centros de datos asegura que xa supón o 2,5 % do PIB español

Spain DC calcula en que o seu impacto na economía española xa alcanza os 73.000 millóns de euros e emprega 482.000 traballadores

G24.gal 26/03/2025 14:46 Última actualización 26/03/2025 15:01

Hoxe celebrase o Día Internacional do Data Center, un sector que supón xa o 2,5 por cento do PIB español, segundo fontes do sector que aseguran que o seu impacto total na economía española supera os 73.000 millóns de euros e emprega 482.000 traballadores.

Curtis albergará o primeiro gran centro de control de datos en Galicia, un proxecto declarado de Interese Estratéxico pola Xunta.

Dende a asociación española defenden a capacidade do sector para crear postos de traballo. Así, segundo o último informe de Spain DC, España está a experimentar nos últimos anos un notable crecemento do sector dos centros de datos, e estímase que recibirá máis de 58.000 millóns de euros en investimentos directos e indirectos ata 2030, cun aumento do 90 % da demanda.

Con todo, Emilio Díaz, presidente da asociación, destacou que "España non se pode permitir perder o tren da dixitalización, quedar atrasada desta cuarta revolución industrial na que se partiu con vantaxe, pero onde se está perdendo velocidade".  

Díaz engadiu que España perdeu posicións con respecto ao conxunto de Europa e, para pechar esta brecha, necesitaríase chegar a un crecemento anual media do 22,5 %, fronte ao 20 % actual.

Desta maneira, Díaz instou a facer un "esforzo significativo" en termos de investimento en infraestrutura dixital e incremento de redes de distribución eléctrica, que se quedaron "obsoletas" para as necesidades actuais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade