Publicador de contidos

Publicador de contidos

A metade da veciñanza de Tomiño ten problemas de cobertura na raia

A metade da veciñanza de Tomiño ten problemas de cobertura na raia

Segundo o Concello, hai unhas 7.000 persoas afectadas

As zonas máis prexudicadas son as próximas á fronteira 

G24.gal 16/03/2025 20:33 Última actualización 16/03/2025 21:20

Imaxinen non poder usar o teléfono móbil ou carecer de conexión a Internet. Resulta hoxe en día case imposible desenvolverse no día a día. Pois a esa situación se enfrontan os veciños de Tomiño máis próximos á fronteira.

As constantes caídas na rede e a falla de cobertura complícalles a vida cotiá e o traballo. Algo tan simple como cobrar unha consumición con tarxeta resulta toda unha odisea. Neste bar teñen dúas liñas para o TPV porque sempre hai unha que falla.

"Aquí a cobertura está moi mal. Incluso fallan os TPV cando vas cobrar. Hai dificultades para ler os QR das cartas. A xente quéixase de que ten moitos problemas para comunicarse, que entran as liñas de Portugal", relata o propietario dun bar de Goián.

A falta de conexión estable e a escasa, por non dicir nula, cobertura de móbil que hai nas zonas do concello de Tomiño máis próximas ao río Miño, traen de cabeza os veciños. As dificultades para comunicarse son constantes.

"Eu onte mesmo quería falar coa miña filla e xa se cortou porque non había cobertura. Hai problemas sobre todo entre Torrón e Sobrado, tamén en Currás", comenta un veciño.

"Non temos cobertura ningunha e cando estamos falando vaise a cero. E estamos así horas e horas", sinala outro veciño.

Un estudo do concello di que 7.000 veciños, practicamente é a metade da poboación, sofren problemas de comunicación co móbil e Internet. A proximidade da fronteira complica a situación, xa que moitas veces entran as operadoras portuguesas.

"Estás nunha conversación falando normal e de súpeto córtase, tes que moverte. Ás veces sae mellor coller unha compañía do outro lado, conectarte a unha rede portuguesa que funciona moito mellor que a de aquí", comenta un afectado.

"Nótase sobre todo na zona de Currás (parroquia de Tomiño próxima a Tui). Vas andando pola estrada e perdes as chamadas, deixas de ter conexión para escoitar o Spotify", láiase outra veciña.

O goberno local está en negociacións coas compañías para reforzar a instalación de antenas nunha zona que ano a ano medra en poboación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar