Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arranca a fase cero da reforma dos Cantóns da Coruña

Arranca a fase cero da reforma dos Cantóns da Coruña

Malestar entre veciños e comerciantes porque din que non coñecen o contido do proxecto

As obras contan cun investimento de 7,5 milóns de euros e vanse prolongar ata finais de 2026

G24.gal 14/03/2025 14:50

Barreiras de protección, na contorna da Mariña, marcan o inicio das obras de renovación dos Cantóns da Coruña. Uns traballos previos que van dar paso a unha gran transformación na zona onde se van consolidar grandes áreas peonís."Agardo que os traballos sexan por fases para non estar vinte meses afectando aos comerciantes e que a xente non teña problemas para acceder ás tendas ou aos bancos", explica un comerciante.

Os comerciantes xa temen que as obras, que van durar arredor de 600 días, prexudiquen os seus negocios: "Se non fan bos accesos, a xente non virá". E incerteza tamén entre os veciños: "A ver se isto non se converte nun labirinto como pasou na rúa do Santo André".

Con todo, a remodelación en si non vai comezar ata dentro dunhas semanas, e vaise levar a cabo por fases para tratar de minimizar o impacto no tráfico.

Nos traballos de renovación vanse investir sete millóns e medio de euros e haberá que agardar ata finais de 2026 para saber se o proxecto convence ou non.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade