Publicador de contidos

Publicador de contidos

Restrinxen o atallo polo que fuxían os condutores do caos da Costa da Tapia, en Cambre

Restrinxen o atallo polo que fuxían os condutores do caos da Costa da Tapia, en Cambre

Atascos de máis de dez minutos en horas punta

Atallaban por unha rúa próxima, pero, tras as queixas dos residentes, restrinxírona

G24.gal 05/03/2025 14:11

En Cambre, a Costa da Tapia esgota a paciencia de moitos condutores que, en horas punta, quedan retidos entre as dúas glorietas que vertebra O Temple.

"Ás dúas ou ás seis e media da tarde podes estar aí dez minutos ou máis". "Pódeste tirar unha hora de atasco por mor da rotonda.... Polos coches que veñen do Burgo, a autoestrada...", contan os afectados.

Para evitar este caos, moitos buscaron alternativas e atoparon na rúa Lameiro, xa no concello de Oleiros, unha delas.

"Por aquí viñan moitísimos coches... había accidentes, sobre todo nesta curva, e atascos, claro!". "É moi estreita...", explican.

Era tal o tráfico que se xeraba aquí que os residentes comezaron coas súas protestas.

"Despois de bastante tempo, fixéronnos caso".

E finalmente o Concello de Oleiros colocou sinais restrinxindo o uso só a residentes.

"Agora só pasamos os residentes ou os que veñan a vernos". "Hai quen segue pasando arriscándose a que o multen...", contan.

Así que, a día de hoxe, pola Costa da Tapia seguen circulando cada día arredor de 18.000 vehículos. Pero os residentes din que non é doado.

"Teñen que buscar unha solución...". "É complicado... como non tiren os edificios...!".

Xa hai un par de anos os veciños do Temple recolleran sinaturas para reclamar unha glorieta que conecte de xeito directo o polígono e a autoestrada AP-9 para aliviar os atascos que sofre a zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade