Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desarticulada unha rede internacional que traficaba con cocaína de Ecuador a Europa

Desarticulada unha rede internacional que traficaba con cocaína de Ecuador a Europa

A droga saía de Ecuador en contedores marítimos que eran recibidos en varios portos de Bélxica, Alemaña, Países Baixos e Europa

Foron detidas 50 persoas en varios países e interviñéronse 73 toneladas da droga

Catorce arrestos producíronse en Alemaña e España Catorce arrestos producíronse en Alemaña e España
G24.gal 14/03/2025 16:33

Unha investigación policial internacional desmantelou unha rede de narcotráfico que transportaba cocaína en contedores marítimos desde Ecuador ata distintos puntos da Unión Europea (UE), nunha operación na que foron detidas 50 persoas en varios países e interviñéronse 73 toneladas da droga.

Treinta e seis dos arrestos tiveron lugar en Guayaquil (Ecuador), en cincuenta rexistros, mentres que os outros catorce producíronse ao longo da investigación, iniciada en 2024, en Alemaña e España.

A droga saía de Ecuador en contedores marítimos que eran recibidos en varios portos de Bélxica, Alemaña, Países Baixos e Europa por parte dunha rede de colaboradores.

A célula ecuatoriana era a encargada de organizar os envíos, xestionar o diñeiro a través de empresas e homes de palla e manter o contacto cos provedores.

Incautáronse 73 toneladas de cocaína/Imaxe cedida/Guardia Civil Incautáronse 73 toneladas de cocaína/Imaxe cedida/Guardia Civil

A rede europea, asentada en Alemaña e España, contaba con empresas comerciais e de transporte e organizaba a loxística e posterior distribución da droga dentro da Unión Europea.

No dispositivo, liderado pola Policía Nacional de Ecuador e coordinado por Europol, tamén participou a Policía Criminal Alemá, a Aduana Alemá e a Garda Civil.

A operación prodúcese na mesma semana que a Unión Europea e Ecuador rubricaron un acordo para fortalecer a colaboración e o intercambio de información operativa, así como outro entre Europol e O Brasil para intercambiar datos persoais, e na que o organismo policial internacional recibiu as delegacións ministeriais do Comité Latinoamericano de Seguridade Interior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade