Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump di que hai "moitas posibilidades" de poñer fin á guerra de Ucraína tras as conversas con Putin

Trump di que hai "moitas posibilidades" de poñer fin á guerra de Ucraína tras as conversas con Putin

O presidente ruso afirmou que Rusia cercou os soldados ucraínos que permanecen en Kursk

O presidente Donald Trump/Evelyn Hockstein/Reuters
G24.gal 14/03/2025 17:01 Última actualización 14/03/2025 19:37

O presidente de Estados Unidos, Donald Trump, afirmou que as conversacións do seu Goberno co seu homólogo ruso, Vladímir Putin, foron "moi boas e produtivas" e asegurou que hai "moi boas posibilidades" de que a "horrible e sanguenta" guerra en Ucraína chegue á súa fin.

"Tivemos discusións moi boas e produtivas co presidente Vladímir Putin, e hai unha moi boa posibilidade de que esta horrible e sanguenta guerra finalmente termine", escribiu Trump na súa rede Truth Social. 

O presidente ruso afirmou que Rusia cercou os soldados ucraínos que permanecen en Kursk, unha rexión que as tropas de Kíiv invadiron o pasado agosto e onde Moscova lanzou unha ofensiva nas últimas dúas semanas, recuperando grandes porcións de territorio.

"Neste momento miles de sodados ucraínos están completamente rodeados polo exército ruso e nunha posición moi mala e vulnerable", sostivo.

"Pedín con firmeza ao presidente Putin que se salven esas vidas. Isto sería un masacre horrible, un que non se viu desde a Segunda Guerra Mundial. Deus vos bendiga a todos!", escribiu Trump.

Unha delegación estadounidense encabezada polo enviado especial da Casa Blanca, Steve Witkoff, reuniuse en Moscova con Putin para tratar a oferta dun cesamento do fogo de 30 días con Ucraína, acordada esta semana en Arabia Saudita entre Washington e Kíiv.

O propio Putin asegurou que está a favor da tregua, pero advertiu que ve problemas na súa aplicación e verificación, e considerou desexable falar por teléfono co seu homólogo estadounidense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade