Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo cre que subir o gasto militar sen pasar polo Congreso sería fraude de lei

Feijóo cre que subir o gasto militar sen pasar polo Congreso sería fraude de lei

O líder do PP abre a porta a acudir aos tribunais

O ministro de Economía asegura que o incremento podería facerse cos presupostos prorrogados

G24.gal 14/03/2025 15:19

A nivel doméstico, España atópase en pleno debate sobre o aumento do gasto militar. As maiores críticas chegan de Podemos, que hoxe volveu falar de "erro catastrófico". 

Os socios habituais da esquerda opóñense frontalmente, pero os socialistas manteñen firme o compromiso coa OTAN. Margarita Robles,  ministra de Defensa, asegurou este venres que "hai que ser respectuoso coa posición de todo o mundo, pero as políticas de defensa son políticas de Estado que teñen un único obxectivo: traballar pola paz".

Sumar parece que empeza a convencerse. Nunha entrevista en TVE, a ministra de Sanidade, Mónica García, avogou por aumentar a seguridade, "que non significa soamente gasto militar".

Pero estes argumentos non calan en Podemos. Para a súa secretaria xeral, Ione Belarra, "un aumento do gasto militar deste calibre implica si ou si recortes no investimento social presente ou futuro".

O ministro de Economía négao e asegura que o incremento pode facerse incluso sen novos presupostos. Carlos Cuerpo apuntou que xa no 2024 "seguimos incrementando o gasto en defensa nunha situación de prórroga orzamentaria".

O Goberno evitaría así pasar polo Congreso, o que para o PP supón unha fraude de lei. "Se xa en materia de seguridade e defensa non hai respecto ao Congreso, imos cara a un barranco de autocracia", asegurou Alberto Núñez Feijóo, que deixa a porta aberta a acudir aos tribunais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade