Publicador de contidos

Publicador de contidos

Medio Rural concederá axudas de 2.000 euros por hectárea a produtores de faba de Lourenzá

Medio Rural concederá axudas de 2.000 euros por hectárea a produtores de faba de Lourenzá

A conselleira María José Gómez anunciou a próxima apertura no mes de abril dun instrumento financeiro para dotar de liquidez os agricultores e gandeiros galegos en xeral

A conselleira María José Gómez nun encontro con alcaldes en Ribadeo/Medio Rural A conselleira María José Gómez nun encontro con alcaldes en Ribadeo/Medio Rural
G24.gal 14/03/2025 17:39

A Consellería do Medio Rural habilitará axudas directas, de carácter excepcional, para os produtores rexistrados na Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Faba de Lourenzá para "poñer en valor a calidade diferenciada desta produción".

Destacan que se trata dun produto que é "un sinal de identidade de toda unha comarca".

Esta liña abrirase para facer fronte a unha situación extraordinaria e estará suxeita a mínimos e farase mediante un convenio coa IXP para facer chegar os fondos aos 'fabeiros' para axudalos e "incentivar que os produtores que están fóra poidan acollerse a este selo de calidade".

Sinalan que se está concretando a posibilidade de chegar a un importe de ao redor de 2.000 euros por hectárea.

Así o explicou a conselleira en Ribadeo, nun encontro cos alcaldes e representantes municipais dos concellos da zona, entre eles o rexedor desta localidade, Daniel Vega, e no que estivo acompañada polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte.

Liquidez para o sector

María José Gómez anunciou a próxima apertura, xa no próximo do mes de abril, dun instrumento financeiro para dotar de liquidez os agricultores e gandeiros galegos en xeral e de modo específico para os de faba de Lourenzá, co fin de que poidan facer fronte á plantación.

"É necesario para todos os produtores que se viron afectados polo temporal Kirk e pola pluviometría que veu despois e que lles impediu facer eses cultivos", sinalou María José Gómez.

A conselleira explicou que o obxectivo da medida é facilitar aos agricultores e gandeiros acceso a capital circulante para as súas explotacións.

Engadiu que a Xunta se fará cargo dos xuros e dos gastos de formalización e avais, de tal maneira que os beneficiarios só terán que reintegrar o importe do crédito que perciban, "pero sen ningún tipo de xuro nin custos adicionais".

Esta medida pretende axudar os agricultores e gandeiros afectados polas condicións meteorolóxicas adversas, especialmente no que respecta á plantación de millo forraxeiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade