Publicador de contidos

Publicador de contidos

A campaña da PAC deste ano en Galicia conta con 224 millóns en axudas

A campaña da PAC deste ano en Galicia conta con 224 millóns en axudas

Beneficiarán uns 23.000 agricultores galegos

Entre as principais novidades están as axudas á creación de novas explotacións en ecolóxico, e a flexibilización da rotación de cultivos

G24.gal 11/03/2025 14:49 Última actualización 11/03/2025 16:22

No pazo de Vistalegre, a conselleira de Medio Rural presentaba hoxe a campaña da PAC para 2025. Unhas axudas que veñen compensar o compromiso medioambiental e as boas prácticas dos agriculotores europeos. Porque en Europa as esixencias son maiores, as axudas da PAC tentan ser un complemento das rendas dos gandeiros. As novidades son apertura dunha liña de axuda para os agricultores que entre de novo na produción en ecolóxico ou en ganderías con razas autóctonas. 

Unha das medidas que satisfai as demandas do sector en Galicia é a flexibilización da rotación de cultivos, para que os agricultores afectados polas condicións climáticas non vexan aminoradas as axudas. Entre as que máis preocupan os gandeiros galegos, está a delimitación de zonas vulnerables por contaminación de nitratos e que podería afectar ao xeito de fertilizar con xurros.  

"É unha obriga que pon o Ministerio de Transición Ecolóxica e que as comunidades temos que aplicar", declarou a Conselleira de Medio Rural, María José Gómez.

"Botar unha cisterna de xurro lévanos 5 minutos. Pero botala cun sistema de tubaxes esixe máis tempo e un tractor con máis potencia. Así que a contaminación que aforramos en amoníaco aumentariámola en CO2", relatou Javier Iglesias, o responsable da PAC en Unións Agrarias.

A conselleira fixo un chamamento á tranquilidade. Xunto con Asturias e Cantabria, Galicia aínda non ten declaradas zonas con ese tipo de contaminación.

María José Gómez Conselleira do Medio Rural: "Os gandeiros galegos están a facelo ben, e iso é o que fai que sexamos unha das tres comunidades que quedamos sen declarar zonas vulnerables".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade