Labregos afeccionados e produtores xúntanse na Feira da Plantación de San Sadurniño
A feira é o paraíso para os amantes da xardinería e da horta
A Feira da Plantación de San Sadurniño é o paraíso dos labregos afeccionados. Con 28 edicións, é un referente para os amantes das hortas e dos xardíns.
"Encántame esta feira. Ten moita flor, ten de todo, é moi bonita".
"Veño todos os anos a comprar para plantar nunha terraza, en macetas, e no chan, moitísimas plantas".
"Levo unha laranxeira, para comer laranxas".
"Para plantar na horta, unhas xudías, algo habemos comprar".
"Son un afeccionado aos bonsais e veño para que a xente coñeza un pouco isto, a relación entre a natureza e o home".
"É a primeira vez e estabamos dando un paseo, interesounos e pareceunos moi lindo".
Este ano conta con máis de 70 postos. Viveiros onde adquirir sementes para morteiros, árbores froiteiras ou flor e planta para xardíns. Tamén hai postos de maquinaria e ferramenta, de artesanía relacionada co mundo das flores e de produtos agroalimentarios.
"Desde viños da Ribeira Sacra, licores que facemos nós, chocolates artesáns de Monterroso, mel de montaña, embutido da Fonsagrada, o mellor de Lugo", di o vendedor do Galo Roxo.
"Levamos o menú, o pan, a empanada, os roxóns, de plantar nada, só estas plantas que regalaron".
Ao longo do día houbo demostracións de arte floral, obradoiros para a cativada, cociña en vivo e degustacións.
"Traemos un cóctel feito cos zumes da Fusquenlla, solombo con chutney de cabaza e delicia de pemento e de sobremesa unha crema de queixo con marmeladas que fan as rapazas da Fusquenlla", di a restauradora Naïr González.