O Foro Sustentable visibiliza en Chantada un rural emprendedor e activo
Máis de 150 activistas do rural xúntanse en Chantada para expoñer os seus proxectos e falar dos seus soños
Celébrase esta fin de semana en Chantada a terceira edición do Foro Rural Sustentable, un encontro de "activistas do rural" no que máis de 150 persoas se xuntan para compartir as súas experiencias nun espazo ao que lle ven moito presente e moito futuro.
Un rural no que non só hai persoas dedicadas á gandería ou á agricultura, senón tamén a outras empresas especializadas na transformación e consecución de produtos que implican un valor engadido.
No foro emprendedoras e emprendedores expuxeron a súa experiencia, falando de como conseguiron facer realidade os seus proxectos, e tamén se escoitou a persoas contando os seu soños para construír un rural máis dinámico, activo e enriquecedor.