Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Ribeira Sacra, na procura dun modelo turístico que permita conservar a súa esencia

A Ribeira Sacra, na procura dun modelo turístico que permita conservar a súa esencia

O  primeiro Foro Ribeira Sacra, organizado pola Asociación Segredos de Pantón, analiza os retos aos que se enfronta este territorio camiño de converterse en Patrimonio da Humanidade

Aposta por un turismo sustentable e por sectores produtivos como a viticulutura que axuden a fixar poboación

G24.gal 26/04/2025 14:06 Última actualización 26/04/2025 16:48

A singularidade das súa paisaxe e a riqueza patrimonial fan da Ribeira Sacra un territorio único.

"Temos que traer xente. Temos que ter un proxecto que sexa un revulsivo para esta zona pero ata que punto iso vai permitir que sigamos vivindo como somos?, pregúntase un dos relatores, Iván Antonio Álvarez, membro do Comité Científico do Xeoparque do Courel.

Avanzar cara a un modelo turístico que permita manter o estilo de vida e a esencia deste territorio é o obxectivo do primeiro foro sobre a Ribeira Sacra organizado pola Asociación Segredos de Pantón. O seu presidente, Lucas Vázquez, lembra que a Ribeira Sacra sen as viñas e as xentes que as traballan non sería posible. É un sector que está a pasar un momento complexo, como subliñou outro dos participantes no Foro, o viticultor David Álvarez, quen destacou que os gastos de produción son tan elevados que non é rendible. "O mercado, di, non está adaptado para nosa viticultura".


Este sector produtivo é fundamental para o mantemento da paisaxe pero tamén para fixar poboación, outro dos retos aos que se enfronta este territorio, de a cabalo entre as provincias de Lugo e Ourense.

"Un turismo sustentable precisa non só de servizos senón tamén dunha poboación concienciada, que é a que sostén este patrimonio", destaca Xurxo Ayán, investigador da Universidade Nova de Lisboa. Unha singularidade coa que están a traballar, destaca o Coordinador da Candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade, para acadar ese equilibrio entre turismo e conservación dos sinais de identidade deste territorio. Ese é o obxectivo do plan de xestión ligado ao recoñecemento da Unesco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade