Coñecemos as normas para circular con patinetes eléctricos?
O número de vehículos de mobilidade persoal segue aumentando e en España xa hai máis de cinco millóns
Os patíns con motor teñen limitada a súa velocidade e non poden circular por todas as vías
Xa son un habitante máis no ecosistema das vilas e cidades. Cada vez máis xente ve os vehículos de mobilidade persoal como unha opción eficaz para o transporte cotiá: hai quen os usa a diario para ir ao traballo, estudantes que os empregan para chegar a clase e persoas que os utilizan para facer recados ou mesmo para actividades de lecer. A normativa foise adaptando aos tempos e as bicicletas e os patinetes eléctricos teñen a súa propia regulación.
Para empezar, a súa velocidade máxima está limitada pola DXT. Non poden circular por todas as vías públicas e os patinetes, sobre todo, teñen restrinxido o paso por certos espazos. Tampouco quedan fóra das normas xerais sobre seguridade vial. Poden ir pola beirarrúa? Está permitido ir en patinete escoitando música? Como debes cruzar con eles por un paso de peóns? É legal atravesar en patín un túnel urbano? Autorízase o uso en vías interurbanas? Cantas persoas poden viaxar nun mesmo parinete?
Hai moito que necesitamos saber.