Os portugueses aproveitan a festividade do 25 de abril para coñecer Vigo
Centos de portugueses enchen as rúas de Vigo no día en que se conmemora a Revolución dos Caraveis
Veñen facer compras, xantar marisco pero tamén visitar o patrimonio arquitectónico e natural
As reservas nas navieras para ir a Cíes acadaron nesta xornada cifras de récord.
Entre Portugal e Galicia hai pouca distancia e moi boa sintonía.
"Gústanos vir, somos veciños, vai alá moito español e nós vimos acá"
"Sei que hai portugueses aquí en Vigo, si, como seguro que hai galegos tamén en Portugal", comentan varios portugueses
Cada vez que teñen un día festivo veñen pasalo aquí, Vigo xa está afeito á súa fala.
"É natural, os portugueses veñen aquí con moita facilidade"
"Imos aproveitar ao máximo o día de hoxe, coñecer o que haxa que coñecer e sentir un pouco da enerxía da cidade de Vigo, que é moi bonita", continúan
Este ano o 25 de abril cadra ás portas dunha fin de semana, que para eles vai ser máis longa. Veñen atraídos polo patrimonio, a gastronomía e tamén pola compras.
"Si se nota a afluencia de portugueses. Énchense as rúas de portugueses e os comercios, claro", apunta a dependenta dunha tenda
"Veñen máis que nada a desfrutar, a mirar un pouco as tendas, tomar algo e pasar o día aquí en Vigo", explica un camareiro
Moitos xa chegaron onte.
"Nós xa viñemos onte, xa acá durmimos e hoxe imos para a casa", apunta unha muller
Pero son máis os que van aproveitar ata o domingo.
"Vimos aquí ata o domingo a dar unha volta, porque nos queda moi preto e encántanos Galicia"
Hoxe o día non acompañou tanto coma onte.
"Onte un pouquiño de sol, moito mellor. Hoxe con esta choiva é case xa como no Porto, pero eu creo que está moi ben o ambiente, aquí estase fenomenal"
O tempo non impediu que moitos se achegasen a visitar Cíes. As reservas nas navieras acadaron nesta xornada cifras de récord.